Mostrar mensagens com a etiqueta Galego. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Galego. Mostrar todas as mensagens

26 de outubro de 2010

Falade Galego


Miniñas da Cruña
d’amabre despejo
de falas graciosas
e pasos ligeiros
deixá de Castilla
os duros acentos:
falade, miniñas,
falade galego.

Cand’é que vos ouzo
a patria esquecendo,
falar esas duras
palabras de ferro,
non sei o que sufro,
non sei o que peno:
falade, miniñas,
falade galego.

Mas cando falades
nos patrios acentos,
envoltos no voso
angélico alento,
parece que escuito
un canto do ceo:
falade, miniñas,
falade galego.


Eduardo Pondal

(Sen data. POESÍAS INÉDITAS, Edición da Academia Galega, 1935)

17 de maio de 2010

O galego, a forza do noso amor


A cultura non sabe seguir os camiños da politica.

Os tempos serán chegados;
malia que mexen por nos,
xa non é hora de decir que chove.


O galego é a forza do noso amor.

Queremos galego.org